Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

Categoría: arte

10 Enero 2006

Frida Kahlo en Galicia

O obxecto é mero pretexto. Basta con tirar os trastos a toda manifestación minimamente populosa ou de certo suceso para volver a relamberse de gusto no seu palacio de almafí.

Unha das máis recentes escusas foi con motivo da exposición de Frida Kahlo organizada por Caixanova en Compostela. Unha exposición que animou a miles de persoas a achegarse á sede da caixa, e que mesmo provocou a imaxe insospeitada de filas de persoas na rúa do Vilar á espera de visitar a exposición.
Certo que o atractivo mediático supera con creces canto de artístico e cultural hai en eventos desta natureza. Certo tamén que son maioría as exposicións de toda índole que apenas si conseguen rabuñar uns centos de visitantes. Pero certo tamén que nun país aculturizado nas artes pictóricas a plásticas en termos xerais, supón unha boa nova a todas luces que se fagan colas ó frío polo interese de ver a alguén que non sexa un triunfito ou un partido de futbol.

E isto vén ó caso porque hai uns días escoitaba na Radio Galega (no Diario Cultural que dirixe Romaní, que por certo aconsello), tiña lugar un debate sobre o estado actual da arte en Galicia. Todos os participantes insistían en sinalar a caótica situación da arte de e en Galicia. A promoción e a comunicación cara a audiencia é quizais un dos argumentos que explican esta pobreza. Unha ferramenta que os "vendedores de arte" manexan á perfección, coma no caso desta exposición de Kahlo.

En todo caso, inisito en que non deixa de agradar saber que se decidiu prolongar uns días máis esta exhibición da mexicana. Serán máis os que opten por achegarse a ver a producción ó dispor en Caixanova. E probablemente haberá moitos que logo atopen máis motivacións para entrar nun museo, ou nunha desas salas frecuentadas só pola elite. Se lles deixan, claro.

servido por mardefondo 1 comentario compártelo


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera