Bravo por Lira!!
Leo na prensa unha nova que non deixa de contentarme e de crer que é posible conciliar a nosa cultura máis tradicional co progreso e a os novos intereses da sociedade global de consumo na que vivimos.

Na información referida indícase que a Cofradía de Lira participou nun proxecto de novas investigacións aplicadas ó sector pesqueiro, en Irlanda.
Ata alí foron dous representantes deste pósito, a cooperativista Manuela Pérez blanco, e o secretario, Emilio Pérez Louro.
Dende hai un tempo, esta confraría constituíuse en paradigma da nova mentalidade mariñeira co seu proxecto mardelira. Os seus integrantes caeron axiña na conta de que o modelo pesqueiro tradicional está estancado e non dá resposta ás novas necesidades relacionadas co mar. Trataron en todo momento de minimizar o trauma de quebrar os esquemas consolidados da vida do mar, e reinvertarse atopando novos ocos de mercado, ás veces bastante menos sacrificados.
O turismo mariñeiro, os novos cultivos mariños e as súas aplicacións, a recuperación da memoria colectiva e a súa dignificación en museo, son só algunhas das propostas que esta confraría levou a cabo, cun éxito notable de público e participantes, que mereceu a atención de numerosos medios de comunicación. Tamén doutros colectivos de mariñeiros e pósitos galegos, que apostan por levar á práctica modelos semellantes, unha vez evidenciado o esgotamento do patrón tradicional
