Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

Categoría: mundo audiovisual

29 Noviembre 2005

As curtas de Noia

Non se entenda mal. Estoume a referir á Mostra de Curtas de Noia, que se celebrou nesta vila a pasada fin de semana no Coliseo Noela.
Folga dicir a honra que merecen os seus organizadores. Son cabeza visible dese ánimo Ramón Vidal e Ramón Agra, que concluida a entrega doa galardóns tiveron unhas palabras para pedir á Xunta que aumente a subvención e se implique no festival.

Máis disgusto provoca a ausencia de público tanto na Mostra coma na gala de entrega dos premios. Un ambiente desanxelado que fala do escaso interese que esperta o mundo audiovisual galego,aínda en cueiros.
Neste senso queda moito por traballar á procura de facer agromar entre a xente curiosidade e certo apego por estos productos. Labor publicitaria, divulgativa e didáctica, lonxe da exclusión e o elitismo.

Pero o máis abraiante do tema é non obstante a ausencia de moitos dos nomes que ese día se pronunciaron como gañadores. Entre eles , o da directora da curta "Te quiero mal", que levou nada menos que 4 estatuiñas, entre elas a de mellor dirección.
Pouca interese ha ter para a xente allea unha mostra destas características (véxase, nunha vila afastada dos circuitos consolidados e de maior proxección) cando non obriga a desprazarse nin ós propios interesados.

Deron brillo á Mostra dous consolidados intérpretes galegos, como Antonio Durán Morris e Ricardo de Barreiro, que xulgaron de proveito achegarse a Noia. O primeiro levou o premio que distingue a traxectoria artística. O segundo xogaba na casa, o que segundo dixo daba ó premio valor engadido: "había pouca xente en Noia que confiara nas miñas posibilidades artístticas".

servido por mardefondo sin comentarios compártelo


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera