Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

Categoría: zinema

30 Enero 2006

Brokeback Mountain


Localizacións espectaculares, folklorismo country en estado puro, unha historia de homofobia e impotencia vitais, son os eixos sobre os que pivota o éxito da aclamada cinta de Ang Lee. A narración detida do desencontro de dúas personalidades irreversiblemente vencelladas pero afastadas por imperativo social.

A historia minúscula do amor de Jack e Enis del Mar convértese en parábola premeditada. A da que resume todas as historias anónimas de individuos cuxas vidas escapan da súa potestade. Entre o repertorio posible, sobresaen por pertinencia actual os relatos de persoas perseguidas pola homofobia daqueles semellantes que non soportan a diferenza. A homosexualidade revélase coto idóneo da marxinalidade, a discriminación social e a irrealización persoal. En síntese, da infelicidade acomplexada, que deriva, coma no caso dos protagonistas, en vidas baleiras camufladas de fráxil apariencia.

A gravidade do problema acentúase neste caso pola intolerancia social dunha idiosincrasia de explícito e asumido machismo como é a dos cowboys americanos. Unha sociedade na que a diferenza de xénero márcase a ferro dende a primeira infancia non pode tolerar a ambigüidade sexual dos seus membros. No mellor dos casos, a invisibilidade é o único salvoconducto para os non reintegrados, evitando trascender á mirada pública. O agravio, de saltarse as normas, é totalmente desproporcionado. Os gardiáns da moral fan uso sen escrúpulos da súa ecuación fatal.

Dúas décadas de militancia na sombra do que dicta o corazón é a desgraza que conecta ós protagonistas. Non hai sobresaltos nin grandes accións que vertebren o ritmo interno da narración, senón unha detallada descrición dun amor que xermola e vai medrando sen sol, sen coidados, en estéril natureza. Unha criatura maltratada que o destino trunca para catarse dos bempensantes

servido por mardefondo 1 comentario compártelo

20 Diciembre 2005

Cineclube Compostela

Durante a pasada semana os cinéfilos de Compostela tiveron a sorte de poder desfrutar dun ciclo de cine adicado a Fritz Lang. E digo desfrutar porque sei de primeira man que algúns dos que se reuniron baixo o pretexto dun prometedor filme, gozaron de cada un dos minutos de celuloide.

O Cineclube segue na teima de achegar ós afeccionados títulos memorables e algúns case esquecidos.
Hoxe martes pasarán Fasinpat (Fábrica sen patrón) de Danièle Incalcaterra, e en sete días é a vez de Farrebique ou as catro estacións, de Georges Rouquier.

Máis alá dos contidos programáticos, cómpre loubar a labor de toda a xente que cre na pertinencia inexcusable desta iniciativa. Unha pretensión que naceu sen apenas apoio, e que pasou por singraduras de variada fortuna, mudando a cada pouco de ubicación. A calma semella ter voltado ó cineclube, e as proxeccións tornan ó auditorio de Xornalismo, aínda que ás veces tamén se fan no local da Gentalha do Pichel en Santa Clara.

Por certo, que o que si teñen cambiado son os programas de man, cada vez cun deseño máis coidado, a modo de coleccionable. Un nivel!!

servido por mardefondo sin comentarios compártelo

1 Diciembre 2005

Opcións de ocio e cultura na Coruña

Se desfrutas co bo cine e botas en falta proxeccións de calidade nas sás, estás de sorte.

Durante o mes do Nadal O Forum Metropolitano da Coruña reserva a Sala Fernando Rey e a Sala Mariilyn Monroe para dous ciclos que merecen ter tidos en conta.

Na sá da artista americana podes ver algunhas das cintas máis recoñecidas do galo François Truffaut: "Os catrocentos golpes", "Bicos roubados", "Viva o domingo" ou a inesquecible "Jules e Jim", entroutras, son algúns dos títulos dos que gozar, ademais a un prezo moi asequible (tendo en conta os prezos que se manexan nesta cidade). Son menos de 3 euros, e un 1,80 para os que teñen desconto por carné xove, xubilidados ou socios da alianza francesa.

A outra cita a ter en conta no Forum tamén neste mes de decembro, e tamén para os cinéfilos é o Festival de Cine Australiano. Oito fitas de directores como Nadia Tass ou Dein Perry.

A ver qué tal,...

servido por mardefondo sin comentarios compártelo


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera