Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

17 Enero 2006

Últimos movementos do teatro galego

O teatro está de actualidade en Galicia, non cabe dúbida. Dende que chegou a San Caetano o novo goberno, as cousas están mudando e moito entre as bambalinas deste país. As reaccións ante tal metamorfose conviven nun abano para todos os gustos.

Hai un tempo soubemos que daban o finiquito ós que ata agora ocupaban os cobizados eidos do
Centro Dramático Galego. Unhas institución que dende os seus comezos mantívose en entredito. O vehículo mellor dotado para a diginificación e crecemento da escena galega, converteuse ó cabo en couto exclusivo dun reducido grupo de numerarios. E conste que iso non quere dicir que as produccións que se teñen feito nestes anos sexan de pouca calidade, só que o feito de poder chegar a esas esferas era arduo de máis para moitos, impensable para algúns e garante para uns poucos. Sempre os mesmos.

Hai uns meses destituían do seu cargo ó impopular Manuel Guede. Para o seu lugar sinalouse á directora dunha compañia de contrastada calidade, Sarabela. A elección de Ánxeles Cuña foi recibida nsa filas dos teatreiros con alegría case xeral. Houbo quen veu nesta elección o erro de nomear como cabexa visible dun ente institucional unha directora dunha empresa privada, coa posible discriminación positiva que barra para casa.

A de expectativa foi a sensación xeral que embargou o gremio nestes meses. O silencio, só roto por algúns rumores e a única certeza da caída de cartel de algúns espectáculos do pasado CDG. Entre eles a producción de Eduardo Alonso (pódese ver a súa pataleta expresa no Galicia Hoxe do pasado venres 13), e o Merlo Branco de Cándido Pazó (unha mágoa, penso).

O sábado púxose fin a este estado de incertidume desvelando, no marco dunha presentación-antruidada, as produccións que compoñen o corpus do que será o CDG en datas vindeiras. O próximo que veremos será un espectáculo de Matarile Teatro, quizais un modo de consolar á compañía logo do peche da que era a súa sala permanente, Teatro Galán.
Os nenos tamén están entre os intereses do CDG, cunha producción que orquestrará a contacontos Paula Carballeira.

Máis alá do que son as produccións en si, o que segue sen mudar é a dinámica da institución. Catro produccións anuais cos seus respectivos tempos de ensaios e xira. O gremio non se pon dacordo neste punto: algúns conveñen en que son demasiados espectáculos en poucos meses, o que fai caducar cedo de máis cada producción. Para outros é unha cuestión de números: canto máis tempo se mobiliza un elenco e un equipo técnico máis custa sacar rendabilidade, ou neste caso, máis cartos se perde (unha falacia, por suposto, crer que se poden gañar cartos nun contexto como o galego).

Non se sabe moito máis do que será a partir de agora o teatro institucional en Galicia. Para o alternativo, dende logo, non corren bos tempos.

Nos meses vindeiros veremos cara onde camiña o CDG e o teatro en xeral, e sobre todo cara onde se dirixen agora os dardos sempre afilados dos descontextos co sistema (que sempre os hai).

Polo momento quedamos á espera, como Godot. Por certo, hai novas de que veremos máis de un Beckett neste ano do seu centenario. E tamén algún Hamlet de indiscutible atractivo mediático...

servido por mardefondo sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera