Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

18 Enero 2006

Remitente descoñecido

"O único parecido entre este espazo e unha biblioteca é o silencio". Así resume Camilo Franco o sentimento que o invade ó entrar no galpón que a Xunta de Galicia utiliza para o depósito de libros. Un espazo supostamente provisiosario, ateigado de centos de miles de libros que a administración foi adquirindo ó longo dos anos, sen decidirlles nunca un destino máis útil.

Velaquí outro dos paradoxos que caracterizan o personalísimo e doído sistema editorial galego.

A realidade fala dunha industria (cultural?) atomizada, composta dun número elevado de pequenas empresas, cunha producción moi por riba do consumo de libros da poboación para a que vai destinada. A pesares de que a ratio de libro por habitante está moi lonxe da aconsellada pola Unesco (en Galicia 1,1 por habitante cando o recomendable é o 2,5), a ratio por lector real é elevada de máis tendo presente os hábitos que nos caracterizan.

Canto á natureza do producido en Galicia, boa parte da tiraxe anual concéntrase no libro de texto. Outra parte, a máis visible, é a que enche os escaparates das librarías e os andeis (poucos) dos consumidores da producción galega. ¿E o resto? Sabiamos que unha boa parte do producido no país era absorbido pola administración. A anormalidade é tal que para garantir a rendibilidade do sector a administración non só se limita a subvencionar boa parte do que chega á imprenta, senón que unha vez editado, queda con milleiros de volumes que ela mesma 'administra'.

Asumida a anormalidade do sistema o que resulta inadmisible a todas luces é que toda esa producción non se redistribúa de modo programado pola rede de bibliotecas e centros culturais de Galicia. Non se entende que os puntos de lectura públicos dos que dispón a sociedade contén cun repertorio bibliográfico máis propio dos primeiros oitenta que do século XXI. Raros son os usuarios destes espacios que teñen acceso ás novidades editoriais de aautores sobranceiros e noveis.

Haberá que conformarse con "Las aventuras de los cinco" mentres ningúen se decida a reubicar este patrimonio. Por diginidade.

servido por mardefondo 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

la patri

la patri dijo

Pois xa ves as veces as incompetencisa veñen mais pola desorganización que por outra cousa.
A produccion de literatura en galego inda que cada vez vai medrando(dende logo non grazas a paupérrima política linguística do noso agora xubilado Fraga)
Inda que hai que seguir fomentar o consumo de livros na nosa lingua, igual que a dobraxe das pelis e prensa en Galego.

20 Enero 2006 | 10:39 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera