Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

30 Enero 2006

Brokeback Mountain


Localizacións espectaculares, folklorismo country en estado puro, unha historia de homofobia e impotencia vitais, son os eixos sobre os que pivota o éxito da aclamada cinta de Ang Lee. A narración detida do desencontro de dúas personalidades irreversiblemente vencelladas pero afastadas por imperativo social.

A historia minúscula do amor de Jack e Enis del Mar convértese en parábola premeditada. A da que resume todas as historias anónimas de individuos cuxas vidas escapan da súa potestade. Entre o repertorio posible, sobresaen por pertinencia actual os relatos de persoas perseguidas pola homofobia daqueles semellantes que non soportan a diferenza. A homosexualidade revélase coto idóneo da marxinalidade, a discriminación social e a irrealización persoal. En síntese, da infelicidade acomplexada, que deriva, coma no caso dos protagonistas, en vidas baleiras camufladas de fráxil apariencia.

A gravidade do problema acentúase neste caso pola intolerancia social dunha idiosincrasia de explícito e asumido machismo como é a dos cowboys americanos. Unha sociedade na que a diferenza de xénero márcase a ferro dende a primeira infancia non pode tolerar a ambigüidade sexual dos seus membros. No mellor dos casos, a invisibilidade é o único salvoconducto para os non reintegrados, evitando trascender á mirada pública. O agravio, de saltarse as normas, é totalmente desproporcionado. Os gardiáns da moral fan uso sen escrúpulos da súa ecuación fatal.

Dúas décadas de militancia na sombra do que dicta o corazón é a desgraza que conecta ós protagonistas. Non hai sobresaltos nin grandes accións que vertebren o ritmo interno da narración, senón unha detallada descrición dun amor que xermola e vai medrando sen sol, sen coidados, en estéril natureza. Unha criatura maltratada que o destino trunca para catarse dos bempensantes

servido por mardefondo 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

patri

patri dijo

ainda non fun ver a peli, pero alegrome de que se traten historias de amor entre dúas personas independentemente do seu xénero.
A teoría queer di que o xénero non é mais que unha construcción social, que o termo macho e femia vencellado as personas non ten demasaiada vixencia nunha sociedade que canto mas evolúe mais liberdade ten para non ter que reproducir os atávicos patrons dado polo patriarcado no que o home e productor e a mulles reproductora.
Nas sociedades avanzadas as mulleres son libres de decidir a sua feceta reproductora sin ningún tipo de marxinalidade social.

30 Enero 2006 | 09:16 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera