Publicidad:
La Coctelera

mardefondo

mergullo en apnea na marea cultural galega

16 Marzo 2006

Morfina embotellada

A busca da emancipación, de novas experiencias ou da nudez de inhibicións de todo tipo teñen sido dende hai décadas xustificación abondo para tirar da botella por parte dos mozos á hora de se divertiren. É por iso que resulta cando menos abraiante a proliferación de discursos alarmistas sobor do botellón, dado que a comuñón alcohol-xuventude vén sendo unha constante hai tempo.

Responsos moralistas revélanse insuficientes por demais para tratar de atallar unha tendencia que, por outra banda, sábese máis que prexudicial. As consecuencias van dende as evidentes á saúde pública dos mozos e mozas, á alteración no descanso dos veciños e á pegada de destrozos na vía pública. A Administración procura fórmulas de consenso entre os que queren divertirse e os que tentan repouso nocturno. Cousa nada sinxela por outro lado, pero que distrae o verdadeiro foco de atención deste problema.
Unha circunstancia que demoniza aos mozos por parte dunha sociedade que non entende esta moda. Unha sociedade que non se decata da alteración de valores que ela mesma foi inxectando amodo de forma irreversible, e que agora se expresa con meridiana claridade a través das novas xeracións. Uns mozos que non entenden o ocio máis que como espazo para o consumo, sexa de alcohol, de sexo ou de tempo. Esquécese así a posibilidade de construír o entorno, de crear e ser libres. O cárcere dos mozos de hoxe radica en xa non ignorar onde está a porta de saída, senón nin sequera procurar buscala.

servido por mardefondo 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

LA PA

LA PA dijo

Houbo unha pintada en Coruña que dicía
NOM TE DROGUES,LUITA.
A sociedade capitalista deu coa fórmula máxica para adormecer o pulo da xuventude, nos 60 condumíanse drogas psicotrópicas coma o LSD ou pellote que facían ver o mundo demde outra prespectiva.mais aberta de mente e cunha visión mais crítica.Formábanse foros de debate informais onde a xente falaba dos sua propia vision desta sociedade.Botabase a rua e exisía os seus dereitos e protestaba ante as inxustizas
Agora os mozos consomen sustancias que incapacitan a súa actividade intelectual as novas drogas coma o extase ou a cocaina o unico que fai e espertar a agersividade e o aillamento.
O botellón e e iso sumado á situación da precaridade (laboral, académica, de vivenda...de futuro) fan que experimenten un desencanto existencial e

20 Marzo 2006 | 11:19 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

mardefondo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera